Wednesday 01 de May de 2024

O Concello preséntalle ás entidades o novo servizo municipal de Igualdade


Dentro das numerosas accións do Concello en prol dunha igualdade real efectiva e plena, celebrouse unha asemblea coas entidades máis representativas do municipio para facer efectivos acordos do II Plan de Igualdade. A concelleira de Igualdade, Belén Taboada, presidiu a reunión e presentou o novo servizo municipal de Igualdade -SATICO-, a disposición de toda a cidadanía para cuestións de asesoramento e sensibilización relativas a igualdade.

Desde o SATICO vaise traballar tanto coa poboación a título individual como cos e coas profesionais das diferentes áreas presentes no municipio, colectivos, asociacións e entidades do tecido asociativo, centros de ensino, clubs deportivos e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais.